Información legal

O sitio web https://www.tropaverde.org (TROPA VERDE ou sitio -web- en adiante) é desenvolvida e pertence a Teimas Desenvolvemento SL (TEIMAS ou responsable en adiante), con CIF B70179973) e domicilio social na Praza Pascual Veiga 7 Entresolo A 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Podes contactar con nós no teléfono 981 523 226 ou no correo electrónico info@tropaverde.org.

As normas de uso do sitio son moi sinxelas e baseánse no sentido común. Coa túa utilización co navegador web, estás a aceptar estas normas e as condicións de uso:

  1. Non podes reproducir, duplicar, copiar, vender, revender nin explotar o sitio ou calquera parte do sitio TROPA VERDE sen permiso expreso noso.
  2. Debes usar TROPA VERDE de conformidade coa Lei, as boas costumes e a orde pública e non podes usar o sitio para facer dano a terceiros, ao propio sitio ou impedir un uso normal por parte doutros usuarios.
  3. Se és membro da TROPA VERDE non podes usar os cupóns de recompensas máis de unha vez. Lémbrache de dar o teu cupón ao patrocinador unha vez o consumas, os cupóns non son acumulables e non podes repetir recompensa.
  4. Se és PATROCINADOR da TROPA VERDE te comprometes a dar a RECOMPENSA que deseñaches cos responsables do sitio. Ademáis, o cupón ten un único uso, polo que tes que solicitalo ao usuario unha vez consumido. O responsable contactará contigo periódicamente para solicitarche os cupóns consumidos.
  5. Se és EMISOR DE ESTRELAS da TROPA VERDE, debes comprometerte a dar o/s CHEQUE/S de punto/s cando fagan as accións convenidas cos responsables de TROPA VERDE. O responsable darache un número de cheques estipulado para que os poidas repartir.

LOPD e uso de cookies

En cumprimento da Lei 15/1999 de Proteción de Datos de Carácter Persoal, TEIMAS comprométese a respectar a intimidade dos teus datos, que serán recollidos nun arquivo, do que somos responsables. Como usuario do sitio, nos das o teu consentimento para a recollida e tratamento dos teus datos. Se és usuario, emisor de puntos ou patrocinador da TROPA VERDE das permiso para que che enviemos correos electrónicos. En calquera momento podes cancelar, rectificar ou cancela-los teus datos contactando con nós en info@teimas.com e identificándote como usuario. En calquera momento podes cancelar, rectificar ou cancela-los teus datos contactando con nós en info@teimas.com e identificándote como usuario.

Usamos cookies para que navegues de xeito máis cómodo por TROPA VERDE. Co uso de TROPA VERDE aceptas o uso de cookies. Se queres, podes modificar a configuración do teu navegador para ser avisado e impedir a instalación de cookies.

Do mesmo xeito, o servidor web poderá rexistrar a túa IP e o teu dominio no arquivo de actividade (log) coa fin de obter medicións estatísticas (visitas, accións etc.) garantir o correcto uso do sistema.

Propiedade intelectual

O contido do sitio TROPA VERDE é unha obra orixinal e protexida polo Dereito da Propiedade Intelectual, todos os dereito reservados para TEIMAS. As reclamacións, se as houber, deberán dirixirse a info@teimas.com.

TEIMAS pode facer cambios nos términos e condicións de uso actuáis. Ademáis, TEIMAS non ten responsabilidade derivada da información publicada no sitio, sempre que esta información fora modificada ou introducida por un terceiro alleo á empresa. En calquera momento e se necesidade de preaviso ao usuario, TEIMAS poderá levar a cabo unha suspensión de servizos do sitio web.

Finalmente, o non cumprimento destas condicións de uso provocará a baixa do sitio do usuario, o emisor das estrelas ou o patrocinador e as súas recompensas.